viernes, 11 de mayo de 2018

A presentación do proxecto

Bos días a todos e todas!

Hoxe traemos a presentación que servirá de apoio para a exposición oral sobre o noso proxecto.

Nesta presentación falamos do proxecto que eliximos e o do seu tema, o TEA. Tamén de todas as actividades realizadas ata a data, clasificadas pola plataforma TIC que usamos para crealas e cunha secuenciación didáctica ao final clasificada en materias.

Todas as actividades irán acompañadas cos seus ligazóns para poder acceder a elas.

Para poder vela preme aquí.

Esperamos que vos guste!

jueves, 10 de mayo de 2018

Despedida!


Moi boas lectores e lectoras!


Esta semana tráiovos a última entrada neste blog, veño a despedirme de todos e todas e a contarvos un pouco cómo foi para min o transcurso deste cuadrimestre nesta materia, Novas Tecnoloxías.

En primeiro lugar quero dicir que tras cursala pareceume unha materia moi importante para a miña formación , pero na miña opinión non conta coas horas coas que debería. Neste grado non volve a haber unha materia que trate estes contidos dunha forma práctica como foi esta, polo que considero que se lle debería dar máis importancia facendo que fose unha materia máis longa ou senón incluíndo outras materias relacionadas con ela ao longo do grado.

Aínda que a materia foi curta, considero que as horas estiveron moi ben aproveitas. Aprendín a facer moitas cousas das que antes non sabía nin que eu as puidera facer sola. Empezando pola creación do noso blog (recurso co que tras traballar con el o considero moi sinxelo e moi útil nunha para utilizar nunha aula), seguindo pola creación do Póster Dixital, a elaboración dun StopMotion,  unha Caza do Tesouro, e moitas actividades multimedia máis.

En definitiva considéroa unha materia moi útil polo feito de poder levar todos os contidos aprendidos a unha aula e saber como utilizalos.

Espero que o noso blog vos fora tan útil como me resultou a min, e que con el puiderades aprender un pouco do moito que eu aprendín.

Un saúdo e ata sempre lectores e lectoras!

Reflexión sobre os proxectos!


Moi boas lectores e lectoras!

Esta xa é unha das últimas entradas que farei neste blog, e hoxe veño a contarvos un pouco como foi a elaboración do noso Proxecto Final, o cal expuxemos esta semana na aula para os nosos compañeiros e compañeiras e para os nosos dous mestres.

O noso Proxecto Final, como xa sabedes é sobre a Pizarra Interactiva Dixital e trata o tema do TEA. Nós o que fixemos foi unha presentación con Power Point que nos sirva para proxectar na pizarra e que nela se encontren todas as actividades multimedia que elaboramos para o noso alumnado co seu correspondente ligazón, para poder ir directamente a elas.

Estruturamos o noso proxecto na orde na cal fumos facendo as actividades ao longo do cuadrimestre, agrupándoas por programas. Ao final do proxecto puxemos unha secuencia didáctica na cal agrupamos as actividades por materia, coa finalidade de facilitarlle unha visión máis clara  ao alumnado sobre cómo levaremos a cabo esas actividades na aula.

Na entrada grupal atoparedes a ligazón ao noso proxecto.

Estou moi satisfeita do resultado deste proxecto e espero que vos guste tanto como a min! Un saúdo!

Despedida!


Boi boas lectores e lectoras!

Último día que vos escribo por aquí... veño a despedirme e a facer unha pequena reflexión do que me aportou este blog e a materia para a que o realicei.

Novas Tecnoloxías é unha materia moi esixente, pero que da o seu froito... e vese no transcurso do cuadrimestre. Cando empezamos non tiñamos a facilidade e a habilidade de traballo que conseguimos no dominio das TIC. Require de esforzo e traballo diario, posto que son moitas as tarefas que hai que realizar, pero si se leva ao día todo é posible. En resumen, considero que me serviu de gran utilidade e nun futuro lle sacarei moito partido ao aprendido.

Moitas gracias por acompañarnos nesta experiencia e espero que vos servirá de utilidade as cousiñas que fomos subindo.

Un saúdo e ata sempre lectoras e lectores!

Reflexión sobre os proxectos!

Moi boas lectoras e lectores!



O curso está tocando o seu fin, onte mércores  os meus compañeiro/as  e eu, por grupos, fixemos a exposición do noso proxecto final para a asignatura de Novas Tecnoloxías, na que creamos este Blog.

Todos os grupo, un total de cinco, presentamos os nosos proxectos, as temáticas foron  moi variadas a pesar de ser todas referidos as TIC na educación. Había proxectos dedicados a Pizarra Díxital, a revistas dixitais, e-books, xonales dixitais, páxinas web...
Todos eles me pareceron moi interesantes para levar a práctica nun futuro coma docente.  

Para ver o que preparamos nos podedelo ver na entrada anterior. Espero que vos guste e un saúdo.


Despedida!

Moi boas de novo!

Hoxe, nesta entrada, veño despedirme de vos e deixovos unha reflexión sobre a materia.

En primer lugar estaba asustada co que me suporía esta materia, xa que teño problemas coas tecnoloxías e paréceme algo moi complicado, pero pouco a pouco conseguín máis fluidez.

Por outro lado pareceme moi importante na nosa formación e encantame que aprenderamos a usar tantas ferramentas para crear actividades didácticas xa que creo que lle daremos moita utilidade, xa que, como ben sabemos, a tenoloxía é o futuro!

Sempre terei moi presente todo o aprendido!
Un saúdo!

Reflexión sobre os proxectos!

Moi boas!

Hoxe vouvos comentar sobre as exposicións realizadas o mércores sobre os proxectos finais na miña clase.

Durante as exposición puidemos observar que había unha gran veriedade de temas, ferramentas e proxectos. Parecéronme todos moi interesantes e sobre todo moi útiles na miña futura labor docente.Ao final de todo os profesores presentes deron a súa opinión e valoración xeral e aportáronnos pautas e  consellos para próximas exposicións.

Se queredes ver o noso proxecto, atópase nas entradas anteriores!
Un saúdo!